xoves, 30 de marzo de 2017

Bonificación do 50% do canon da auga e coeficiente de vertedura - Familia Numerosas e Familias en Situación de Exclusión Social

O canon da auga e o coeficiente de vertedura son dous tributos finalistas.

O canon da auga e o coeficiente de vertedura son dous novos tributos que foron creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. Non obstante, o inicio da súa aplicación non tivo lugar ata o 1 de xullo de 2012, momento no que entrou en vigor o Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais.


BONIFICACIÓN POR FAMILIA NUMEROSA NO CANON DA AUGA

Bonificación do 50% do canon da auga e coeficiente de vertedura.

Documentación:
  • Impreso de solicitude (AU230I). Pódese descargar desde a páxina web: https://sede.xunta.es.
  • Copia do DNI do titular no caso de non asinar a autorización (Anexo IX.b).
  • Copia do último recibo da auga.
  • Copia do Título de Familia Numerosa ou Carné Familiar Galego en vigor.
  • Certificado de convivencia ou autorización asinada por todos os compoñentes da vivenda (Anexo IX.b).

SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DO NÚMERO DE PERSOAS PARA A APLICACIÓN DO CANON DA AUGA EN VIVENDAS DE 4 OU MÁIS COMPOÑENTES
As vivendas con catro ou máis persoas empadroadas poden solicitar a aplicación do canon da auga e coeficiente de vertedura de acordo ao número de habitantes xa que, por defecto, o número de persoas que compoñen unha vivenda é de tres.

Documentación:

EXENCIÓN POR ESTAR EN SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN SOCIAL NO CANON DA AUGA
As unidades de convivencia independentes que acrediten estar en situación de exclusión social poderán solicitar a exención no canon da auga e coeficiente de vertedura.

Enténdese por unidade de convivencia independente, aquelas persoas que convivan nun mesmo domicilio e manteñan entre eles un vínculo por matrimonio ou análoga relación estable, por adopción ou acollemento, ou por parentesco de consanguinidade ou afinidade ata o cuarto e segundo grao respectivamente.

Requisitos:
  • A dirección para a cal se solicita a bonificación debe coincidir coa dirección en que se atopa empadroada a unidade de convivencia.
  • Algún dos membros da unidade familiar debe ser titular do contrato de subministración de auga. Noutro caso, o solicitante deberá acreditar que é o pagador do recibo da auga.
  • Os ingresos totais da unidade de convivencia non deben superar o importe do Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM).
  • Polo menos unha das persoas da unidade de convivencia deberá estar en situación de exclusión social por atoparse nalgunha das seguintes situacións:
    -Persoas perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA).
    -Persoas perceptoras de pensións non contributivas de invalidez ou xubilación.
    -Persoas que teñan unha ausencia ou déficit grave de recursos económicos unido a unha situación de desemprego ou imposiblidade de desempeñar un traballo remunerado e que conten con outros factores que agraven a situación de exclusión social.
Documentación:
  • Impreso de solicitude (AU230K). Pódese descargar desde a páxina web: https://sede.xunta.es.
  • Certificado de empadroamento da unidade familiar (en caso de non autorizar a comprobación segundo o Anexo XI.b).
  • Copia do último recibo da auga.
  • Acreditación da domiciliación bancaria do recibo da auga (en caso do que o solicitante non sexa o titular da subministración).
  • Informe dos servizos sociais municipais que acredite a condición de persoa en risco de exclusión social (Anexo XI.c).

LUGAR DE TRAMITACIÓN
  • Presencial: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.
  • En liña (con certificado dixital): https://sede.xunta.es.
  • Por correo:
    Á atención do Canon de Saneamento de Augas de Galicia.
    Enderezo: Rúa Camilo Díaz Valiño números 7 e 9, C.P. 15781 Santiago de Compostela.

NORMATIVA

Augas de Galicia

Enderezo: Rúa Vicente Ferrer (Edif. Adm. Xunta) 2, 9º. 15008 A Coruña

Teléfonos
:
  • 981 182 537 (Augas de Galicia)
  • 981 182 542 (Augas de Galicia)
  • 981 182 545 (Augas de Galicia)
  • 981 544 560 (Canon de Saneamento da Auga de Galicia)
  • 981 545 081 (Canon de Saneamento da Auga de Galicia)
Fax: 981 182 532 (Aguas de Galicia)

Páxina web: http://augasdegalicia.xun...

E-mail: augasdegalicia@xunta.es

Horario: Luns a venres de 09.00 h. a 14.00 h.
TITULARIDADE: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
---