O canon da auga e o coeficiente de vertedura son dous novos tributos que foron creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. Non obstante, o inicio da súa aplicación non tivo lugar ata o 1 de xullo de 2012, momento no que entrou en vigor o Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais.
BONIFICACIÓN POR FAMILIA NUMEROSA NO CANON DA AUGA
Bonificación do 50% do canon da auga e coeficiente de vertedura.
Documentación:
- Impreso de solicitude (AU230I). Pódese descargar desde a páxina web: https://sede.xunta.es.
- Copia do DNI do titular no caso de non asinar a autorización (Anexo IX.b).
- Copia do último recibo da auga.
- Copia do Título de Familia Numerosa ou Carné Familiar Galego en vigor.
- Certificado de convivencia ou autorización asinada por todos os compoñentes da vivenda (Anexo IX.b).
SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DO NÚMERO DE PERSOAS PARA A APLICACIÓN DO CANON DA AUGA EN VIVENDAS DE 4 OU MÁIS COMPOÑENTES
As vivendas con catro ou máis persoas empadroadas poden solicitar a aplicación do canon da auga e coeficiente de vertedura de acordo ao número de habitantes xa que, por defecto, o número de persoas que compoñen unha vivenda é de tres.
Documentación:
- Impreso de solicitude (AU230H). Pódese descargar desde a páxina web: https://sede.xunta.es.
- Copia do DNI do titular no caso de non asinar a autorización (Anexo VIII.b).
- Copia do último recibo da auga.
- Certificado de convivencia ou autorización asinada por todos os compoñentes da vivenda (Anexo VIII.b).
EXENCIÓN POR ESTAR EN SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN SOCIAL NO CANON DA AUGA
As unidades de convivencia independentes que acrediten estar en situación de exclusión social poderán solicitar a exención no canon da auga e coeficiente de vertedura.
Enténdese por unidade de convivencia independente, aquelas persoas que convivan nun mesmo domicilio e manteñan entre eles un vínculo por matrimonio ou análoga relación estable, por adopción ou acollemento, ou por parentesco de consanguinidade ou afinidade ata o cuarto e segundo grao respectivamente.
Requisitos:
- A dirección para a cal se solicita a bonificación debe coincidir coa dirección en que se atopa empadroada a unidade de convivencia.
- Algún dos membros da unidade familiar debe ser titular do contrato de subministración de auga. Noutro caso, o solicitante deberá acreditar que é o pagador do recibo da auga.
- Os ingresos totais da unidade de convivencia non deben superar o importe do Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM).
- Polo menos unha das persoas da unidade de convivencia deberá estar
en situación de exclusión social por atoparse nalgunha das seguintes
situacións:
-Persoas perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA).
-Persoas perceptoras de pensións non contributivas de invalidez ou xubilación.
-Persoas que teñan unha ausencia ou déficit grave de recursos económicos unido a unha situación de desemprego ou imposiblidade de desempeñar un traballo remunerado e que conten con outros factores que agraven a situación de exclusión social.
- Impreso de solicitude (AU230K). Pódese descargar desde a páxina web: https://sede.xunta.es.
- Certificado de empadroamento da unidade familiar (en caso de non autorizar a comprobación segundo o Anexo XI.b).
- Copia do último recibo da auga.
- Acreditación da domiciliación bancaria do recibo da auga (en caso do que o solicitante non sexa o titular da subministración).
- Informe dos servizos sociais municipais que acredite a condición de persoa en risco de exclusión social (Anexo XI.c).
LUGAR DE TRAMITACIÓN
- Presencial: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.
- En liña (con certificado dixital): https://sede.xunta.es.
- Por correo:
Á atención do Canon de Saneamento de Augas de Galicia.
Enderezo: Rúa Camilo Díaz Valiño números 7 e 9, C.P. 15781 Santiago de Compostela.
NORMATIVA
- Decreto 1/2015, de 15 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia e regúlanse determinadas cuestións en desenvolvemento da Lei 9/2010, de 4 de novembro de augas de Galicia, publicado no DOG nº10 do 16 de xaneiro de 2015.
- Real Decreto 742/2013, de 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas, publicado no BOE nº 244 do 11 de outubro de 2013. Corrección de erros, publicada no BOE nº 271 do 12 de novembro de 2013.
- Decreto 141/2012, de 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento marco do Servizo Público de Saneamento e Depuración de Augas Residuais de Galicia, publicada no DOG nº 129 do 6 de xullo de 2012.
- Orde de 26 de xuño de 2012 pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, de 4 de novembro, de augas de Galicia, publicada no DOG nº 130 do 2 de xullo de 2012.
- Decreto 136/2012, de 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais, publicado no DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012.
- Decreto 32/2012, de 12 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, publicado no DOG nº 9 do 13 de xaneiro de 2012.
- Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, publicada no DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010.
- Real Decreto 140/2003, de 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano, publicado no BOE nº 45 do 21 de febreiro de 2003.
Augas de Galicia
- Enderezo: Rúa Vicente Ferrer (Edif. Adm. Xunta) 2, 9º. 15008 A Coruña
Teléfonos:
- 981 182 537 (Augas de Galicia)
- 981 182 542 (Augas de Galicia)
- 981 182 545 (Augas de Galicia)
- 981 544 560 (Canon de Saneamento da Auga de Galicia)
- 981 545 081 (Canon de Saneamento da Auga de Galicia)
- Fax: 981 182 532 (Aguas de Galicia)
Páxina web: http://augasdegalicia.xun...
E-mail: augasdegalicia@xunta.es
Horario: Luns a venres de 09.00 h. a 14.00 h.
---