Afectadas por Emafesa
Un grupo de persoas queremos promover unha asociación co obxectivo de agrupar forzas nos principios do apoio mutuo, para mellor defender-nos dos abusos da empresa de augas do Concello de Ferrol.
O 28 de abril de 1999 o Pleno do Concello de Ferrol adxudicou a Urbaser - Dragados (Hoxe Socamex - Urbaser) o concurso de Selección de empresa privada coa que constituír unha empresa de economía mixta para a xestión do servizo público de abastecemento e saneamento do término municipal de Ferrol. O 3 de abril do 2000, realiza-se escritura pública de constitución da Empresa Mista de Aguas de Ferrol, S.A. Sendo unha empresa con capital municipal (Público) do 51% e o privado do 49%, mais a xestión da mesma é 100% privada, segundo se acorda nos seus estatutos, incorporados na mencionada Escritura Pública.
__________